Como crear un foro e definir as opcións de participación?
Completion requirements
En Moodle, a actividade Foro é unha ferramenta de comunicación que permite a interacción entre o profesorado e o alumnado, así como o debate e o traballo colaborativo. Pode empregarse para discusións abertas, actividades avaliables ou intercambio de dúbidas.
Para crear un foro é necesario ter activado o modo de edición do curso:

Pasos para crear un foro:
- Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou recurso:

- Selecciona a actividade Foro:

- Introduce un nome e unha descrición, indicando o obxectivo do foro e as normas de participación.
- Configura as opcións do foro segundo o tipo de uso previsto.
- Garda os cambios.
O foro aparecerá como un elemento máis dentro da sección do curso.
Que tipos de foro existen?
Ao crear un foro pódese escoller entre distintos tipos, segundo a dinámica que se queira promover:

- Foro estándar para uso xeral: cada participante pode abrir debates e contestar mensaxes.
- Foro estándar presentado nun formato semellante ao dun blog: é igual que o foro estándar pero cambia a súa apariencia, os temas de discusión amósanse nunha páxina con ligazóns.
- Cada persoa comenta unha discusión: cada participante pode formular un único tema de debate. Cada tema pode ter múltiples achegas.
- Unha discusión simple única: o/a profesor/a formula un único tema de debate no que todos os participantes poden participar.
- Foro Q e A (Pregunta e Resposta): o alumnado debe responder a unha pregunta do profesor/a, mentres non pode ver as respostas dos seus compañeiros/as.
Como definir as opcións de participación?
Na configuración do foro pódense establecer distintas opcións que regulan a participación:
- Subscrición: permite decidir se o alumnado recibe notificacións das mensaxes do foro (opcional, forzosa ou desactivada).
- Seguimento de mensaxes: facilita que o alumnado identifique as publicacións non lidas.
- Restricións de publicación: pódese limitar o número de intervencións nun período determinado.
- Traballo en grupo: o foro pode configurarse con grupos separados ou visibles, segundo a organización do curso.
- Cualificación: é posible avaliar a participación no foro, se así se desexa. Igual que as tarefas, o foro permite a cualificación simple directa, guía de avaliacion e rúbricas.
Estas opcións permiten adaptar o foro a distintos obxectivos didácticos, desde a comunicación informal ata a avaliación da participación.