En Moodle pódese crear unha páxina de contido mediante o recurso páxina, que permite mostrar información directamente dentro do curso sen necesidade de descargar ficheiros. É unha opción moi útil para presentar textos, imaxes, vídeos, ligazóns ou contidos multimedia de forma organizada.

Para crear unha páxina de contido é necesario ter activado o modo de edición do curso:



Na sección correspondente, preme en engadir unha actividade ou un recurso:

Selecciona o recurso «Páxina»:

  • Introduce un nome para a páxina e, se o desexas, unha descrición.
  • No apartado «Contido da páxina», escribe ou pega o texto empregando o editor de Moodle.
  • Garda os cambios.

Unha vez creada, a páxina aparecerá como un elemento máis dentro da sección do curso.

No Manual Moodle 4.5., tes máis información sobre o Editor de texto de Moodle (TinyMCE) (Conde Vides, Juan V., García Rodríguez, Jorge, Moreno López, Juan José, Muñoz Solís, Pablo Luis and Ramos Martínez, Humberto (2025). Manual Moodle 4.5. Monografía (Manual). Rectorado (UPM), Madrid).