Como subir ficheiros ao curso?
En MooVi existen varias formas de subir ficheiros a un curso, segundo o tipo de recurso que se queira crear e a cantidade de material que se vaia publicar. As máis habituais son o sistema de arrastrar e soltar, o recurso Ficheiro e o recurso Cartafol.
En todos os casos é necesario ter activado o modo de edición do curso:

Subir ficheiros mediante arrastrar e soltar
O xeito máis rápido de engadir un ficheiro a un curso é arrastrándoo directamente desde o ordenador ata a sección ou tema correspondente do curso:

Ao soltar o ficheiro:
- Moodle crea automaticamente un recurso de tipo Ficheiro.
- O ficheiro queda dispoñible para o alumnado na sección elixida.
- Pódese modificar posteriormente o nome ou a descrición do recurso.
Este método é especialmente útil para subir documentos soltos de forma rápida.
Subir un ficheiro usando o recurso «Ficheiro»
Outra opción é engadir un recurso de tipo Ficheiro desde o propio curso:
- Activar o modo de edición.
- Premer en engadir unha actividade ou un recurso:

- Seleccionar Ficheiro:

- Subir o ficheiro desde o selector ou mediante arrastrar e soltar na área correspondente.
- Gardar os cambios.
Este método permite configurar con máis detalle o recurso, como engadir unha descrición ou controlar como se abre o ficheiro.
Subir varios ficheiros usando o recurso «Cartafol»
Cando se quere publicar varios ficheiros relacionados, recoméndase empregar o recurso Cartafol, que agrupa todos os documentos nun único espazo.
Para iso:
- Activar o modo de edición.
- Premer en engadir unha actividade ou recurso:

- Seleccionar Cartafol:

- Engadir os ficheiros mediante o selector ou arrastrándoos directamente.
- Gardar os cambios.
Tamén é posible arrastrar un ficheiro ZIP á sección do curso. Neste caso, ofrece a opción, entre outras, de descomprimir o zip e crear automaticamente un cartafol co contido descomprimido:
