En MooVi existen varias formas de subir ficheiros a un curso, segundo o tipo de recurso que se queira crear e a cantidade de material que se vaia publicar. As máis habituais son o sistema de arrastrar e soltar, o recurso Ficheiro e o recurso Cartafol.

En todos os casos é necesario ter activado o modo de edición do curso:


Subir ficheiros mediante arrastrar e soltar

O xeito máis rápido de engadir un ficheiro a un curso é arrastrándoo directamente desde o ordenador ata a sección ou tema correspondente do curso:


Ao soltar o ficheiro:

  • Moodle crea automaticamente un recurso de tipo Ficheiro.
  • O ficheiro queda dispoñible para o alumnado na sección elixida.
  • Pódese modificar posteriormente o nome ou a descrición do recurso.

Este método é especialmente útil para subir documentos soltos de forma rápida.

Subir un ficheiro usando o recurso «Ficheiro»

Outra opción é engadir un recurso de tipo Ficheiro desde o propio curso:

  • Activar o modo de edición.
  • Premer en engadir unha actividade ou un recurso:

  • Seleccionar Ficheiro:

  • Subir o ficheiro desde o selector ou mediante arrastrar e soltar na área correspondente.
  • Gardar os cambios.

Este método permite configurar con máis detalle o recurso, como engadir unha descrición ou controlar como se abre o ficheiro.

Subir varios ficheiros usando o recurso «Cartafol»

Cando se quere publicar varios ficheiros relacionados, recoméndase empregar o recurso Cartafol, que agrupa todos os documentos nun único espazo.

Para iso:

  • Activar o modo de edición.
  • Premer en engadir unha actividade ou recurso:

  • Seleccionar Cartafol:

  • Engadir os ficheiros mediante o selector ou arrastrándoos directamente.
  • Gardar os cambios.

Tamén é posible arrastrar un ficheiro ZIP á sección do curso. Neste caso, ofrece a opción, entre outras, de descomprimir o zip e crear automaticamente un cartafol co contido descomprimido: