Como activar ou desactivar a edición no curso?
Requisitos de conclusão
Para engadir ou modificar recursos e actividades nun curso de MooVi, é necesario activar o modo edición. Cando remates, podes desactivar a edición para volver á vista normal.
Pasos para activar a edición:
- Accede ao curso en MooVi.
- Na parte superior dereita da pantalla, localiza o botón "Modo de edición":

- Preme nel cara a dereita para activalo. Verás que aparecen iconas e opcións para engadir recursos, actividades e modificar elementos existentes:

- Cando remates, volve premer no botón cara a esquerda para desactivar a edición e recuperar a vista normal do curso.