Como engadir unha descrición á portada do curso?
Requisitos de conclusão
Engadir unha descrición á portada do curso é unha boa práctica para personalizar o espazo virtual.
Podes facelo desde os axustes do curso seguindo estes pasos:
- Accede ao curso en MooVi.
- No menú superior, preme en "Axustes":

- No apartado "Descrición", localiza o campo "Resumo do curso":

- Escribe un texto breve que explique o contido ou obxectivos da materia. Podes usar formato enriquecido (negriña, ligazóns, listas).
- No apartado "Imaxe do curso" tamén podes engadir unha imaxe.
- Garda os cambios.
Ese resumo aparecerá na páxina principal dos participantes da materia e na sección "os meus cursos" se filtran por "resumo":
