Engadir unha descrición á portada do curso é unha boa práctica para personalizar o espazo virtual. 

Podes facelo desde os axustes do curso seguindo estes pasos:

  • Accede ao curso en MooVi.
  • No menú superior, preme en "Axustes":

  • No apartado "Descrición", localiza o campo "Resumo do curso":

  • Escribe un texto breve que explique o contido ou obxectivos da materia. Podes usar formato enriquecido (negriña, ligazóns, listas).
  • No apartado "Imaxe do curso" tamén podes engadir unha imaxe.
  • Garda os cambios.

Ese resumo aparecerá na páxina principal dos participantes da materia e na sección "os meus cursos" se filtran por "resumo":