Como engadir un resumo ou imaxe á portada do curso?
Requisitos do completado
Engadir un resumo á portada do curso é unha boa práctica para personalizar o espazo virtual. Recoméndase engadir unha descrición breve pero informativa. Tamén permite engadir unha imaxe do curso.
Para introducir o resumo, tes que ir aos «Axustes» do curso seguindo estes pasos:
- Accede ao curso en MooVi.
- No menú superior, preme en «Axustes»:

- No apartado «Descrición», localiza o campo "Resumo do curso":

- Escribe un texto breve que explique o contido ou obxectivos da materia. Podes usar formato enriquecido (negriña, ligazóns, listas).
- No apartado "Imaxe do curso" tamén podes engadir unha imaxe.
- Garda os cambios.
Ese resumo, ou a imaxe, amósase na páxina de inicio na listaxe de cursos dispoñibles e na sección «Os meus cursos» se filtran por "resumo":
