Pódese cambiar o formato do curso e que opcións hai?
Completion requirements
O formato do curso determina como se organiza e presenta o contido dentro dunha materia en MooVi. Define a estrutura visual e a forma na que os estudantes acceden aos recursos e actividades.
Que tipos de formato existen?
Os formatos máis habituais son:
- Seccións personalizadas (formato por defecto): divide o curso en seccións que podes personalizar e porlle un título. En cada sección podes engadir recursos e actividades. Ideal para organizar contidos por unidades ou módulos.
- Seccións semanais: organiza o curso por semanas, asignando datas automáticas segundo o calendario do curso.
- Actividade única: o curso contén só unha actividade principal (por exemplo, un cuestionario, unha tarefa ou un foro).
- Social: baseado nun foro principal para fomentar a interacción entre participantes.
- Formato de seccións flexibles: permite reorganizar as seccións con opcións dinámicas, como pestanas ou bloques adaptados.
- Formato rejilla (grid): mostra as seccións como iconas ou imaxes nunha cuadrícula, mellorando a estética e a navegación.
- Temas en pestanas: organiza as seccións en pestanas horizontais, facilitando o acceso rápido.
- Mosaicos (tiles): presenta as seccións como mosaicos interactivos, cun deseño visual atractivo.
- Temas colapsados (collapsed topics): permite contraer ou expandir as seccións para evitar desprazamentos longos e mellorar a usabilidade.
Como cambiar o formato do curso?
- Accede á materia.
- Vai a editar os "Axustes":

- Na sección formato do curso, escolle o tipo que prefiras:

- Configura parámetros adicionais (número de seccións, visibilidade etc.) cando proceda.
- Garda os cambios.