Podo comprobar como ve o alumnado a miña materia?
Requisitos de conclusão
Si. MooVi permite cambiar temporalmente ao rol de alumnado para comprobar como se amosan os contidos, actividades e restricións de acceso da materia. Esta funcionalidade resulta útil para verificar que a configuración do curso funciona como está prevista.
Como ver a materia como estudante?
- Accede á materia que queres revisar.
- Na parte superior dereita, preme no menú do teu perfil.
- Escolle a opción Cambiar rol a....

- Selecciona "alumnado".
- A partir dese momento visualizarás a materia tal e como a vería un estudante.
Que debes ter en conta?
- O cambio de rol é temporal. Para volver ao teu perfil habitual, preme en «Volver ao meu rol normal»:

- A simulación non executa accións reais. Por exemplo, se accedes a un cuestionario ou entregas unha tarefa, esas accións non quedarán rexistradas.
Alternativa para cuestionarios
Se só queres comprobar o funcionamento dun cuestionario, podes utilizar a opción «Vista previa do cuestionario», que permite probar a actividade sen necesidade de cambiar de rol:
