Si. MooVi permite cambiar temporalmente ao rol de alumnado para comprobar como se amosan os contidos, actividades e restricións de acceso da materia. Esta funcionalidade resulta útil para verificar que a configuración do curso funciona como está prevista.

Como ver a materia como estudante?

  • Accede á materia que queres revisar.
  • Na parte superior dereita, preme no menú do teu perfil.
  • Escolle a opción Cambiar rol a....


  • Selecciona "alumnado".
  • A partir dese momento visualizarás a materia tal e como a vería un estudante.

Que debes ter en conta?

  • O cambio de rol é temporal. Para volver ao teu perfil habitual, preme en «Volver ao meu rol normal»:



  • A simulación non executa accións reais. Por exemplo, se accedes a un cuestionario ou entregas unha tarefa, esas accións non quedarán rexistradas.

Alternativa para cuestionarios

Se só queres comprobar o funcionamento dun cuestionario, podes utilizar a opción «Vista previa do cuestionario», que permite probar a actividade sen necesidade de cambiar de rol: