Podo visualizar a miña materia como estudante?
Completion requirements
Si, MooVi permite simular a vista dun estudante para comprobar como se amosa a materia e as actividades. Isto é útil para verificar que os contidos, restricións e condicións de acceso funcionan correctamente.
Como cambiar o rol para ver como estudante?
- Accede á materia que queres revisar.
- Na parte superior dereita, preme no menú do teu perfil.
- Escolle a opción Cambiar rol a....

- Selecciona "o alumnado".
- Agora verás o curso tal e como o vería un alumno/a.
Que debo ter en conta?
- Esta opción é temporal, cando remates, volve ao teu rol de profesor/a premendo en "Volver ao meu rol normal":

- Non se executan accións reais: por exemplo, se realizas un cuestionario ou entregas unha tarefa, non quedará rexistrado.
Alternativa: Vista previa
Nos cuestionarios podes usar a opción "Vista previa", que permite probar a actividade sen cambiar o rol completo:
