Como podo modificar os axustes dun cuestionario para un estudante concreto (límite de tempo, datas, intentos)?
As anulacións de usuario permiten modificar os axustes dunha proba para un (ou varios) estudante concreto sen afectar ao resto do grupo. É unha funcionalidade útil cando se precisa dar condicións especiais, como máis tempo, intentos ou datas diferentes.
Para aplicar unha anulación:
1. Accede ao curso e entra no cuestionario.
2. Preme en "Máis" e escolle "Anulacións":

3. Selecciona o estudante ao que lle queres aplicar a anulación.
4. Configura os parámetros que desexas modificar a ese estudante:
- Data de apertura e peche do cuestionario.
- Tempo límite para completar a proba.
- Número de intentos permitidos.
5. Garda os cambios. Cando gardes, a información que se amosa é o resumo da anulación creada:

Anulacións de grupo
Se precisas aplicar a mesma excepción a varios estudantes, podes facelo mediante anulacións de grupo. Isto é útil cando:
- Os estudantes comparten as mesmas condicións (por exemplo, máis tempo).
- Xa tes creados os grupos no curso con eses estudantes.
O procedemento é similar ao das anulacións de usuario:
1. Primeiro comproba que tes creado o grupo ou grupos na túa materia.
2. No cuestionario, escolle anulacións de grupo:

3. Selecciona o grupo e aplica os cambios (datas, tempo límite, intentos).
4. Garda os cambios.
Pódense aplicar anulacións noutras actividades de MooVi?
Si. As anulacións non son exclusivas das probas. Tamén se poden configurar noutras actividades como tarefas (para ampliar prazos de entrega), foros (para permitir participación fóra do período xeral), leccións (para adaptar tempos ou accesos) etc. Non todas as actividades teñen os mesmos parámetros dispoñibles.
O procedemento é similar: accede á actividade, busca a opción de "Anulacións" e aplica os cambios necesarios:
