Unha vez iniciado o curso académico, a incorporación do alumnado ás materias oficiais realízase de forma automática mediante a sincronización cos sistemas de xestión académica. Polo tanto, non é necesario que o profesorado realice ningún trámite para dar de alta o alumnado matriculado.

Se precisas que acceda á materia unha persoa que non figura como matriculada, podes inscribila manualmente desde a opción «participantes» (para máis información, consulta a faq «Podo dar de alta manualmente estudantes na miña materia en MooVi?»).