Onde podo consultar as miñas materias oficiais de cursos anteriores?
Requisitos de finalización
No MooVi actual están as materias dos cursos 2025/26 e 2026/27.
O profesorado que desexe consultar ou realizar unha copia de seguridade dalgunha materia de cursos anteriores, pode acceder desde as seguintes ligazóns:
- Acceso a MooVi dos curso 2022/23, 2023/24 e 2024/25: https://moovi2022-2025.uvigo.gal
- Acceso a MooVi dos curso 2020/21 e 2021/22: https://moovi2020-2022.uvigo.gal
- O acceso está só habilitado para o profesorado (o alumnado non pode acceder) e desde a rede da UVigo. Se precisas acceder desde o exterior deberás empregar unha VPN.
- Só poderás identificarte mediante o acceso centralizado. As contas de usuario locais de MooVi están deshabilitadas.
- A edición dos contidos está bloqueada, só podes consultar os contidos, facer copias de seguridade e descargalas.