Onde podo consultar as materias que teño en POD en SIGMA?
Conditions d’achèvement
Se en MooVi non che aparece algunha materia, pode que o motivo sexa que en SIGMA aínda non figures en POD. Para consultalo:
- Accede á Secretaría Online (https://secretaria.uvigo.gal) e identifícate mediante o acceso centralizado.
- Preme en "Portal académico do PDI".
- Agarda á conexión coa aplicación do portal académico. Na páxina de inicio deberían estar as materias oficiais nas que estás en POD.
NOTA: Esta mesma información amósa na Secretaría Online de cada docente.
IMPORTANTE:
- para facilitar a busca en MooVi agradecemos que nos facilitedes o código SIGMA da materia que podes consultar nesta páxina.
- Se non atopas nin no portal académico nin na túa Secretarái algunha materia na que debes estar en POD, contacta coa Unidade SIGMA (consulta.sigma@uvigo.gal).