Opciones de matriculación


Enxeñaría de Software I
Presentación da materia

Esta materia impártese no primeiro cuadrimestre do segundo curso do Grao e constitúe unha introdución á disciplina da Enxeñaría do Software. Aínda que non existen requisitos previos obrigatorios, recoméndase ter superado as materias de Programación I e II, así como Algoritmos e Estruturas de Datos I e II.

A materia ofrece unha visión xeral do ciclo de vida do software e dos principais modelos e metodoloxías empregados no seu desenvolvemento. Serve de base para materias posteriores, en particular Enxeñaría do Software II, coa que forma unha secuencia formativa coherente.

Abórdanse competencias fundamentais para o futuro exercicio profesional do enxeñeiro técnico en informática, incluíndo competencias básicas e instrumentais que facilitarán a adquisición doutras competencias técnicas e profesionais ao longo do grao.

Idioma dos materiais e da docencia

Algúns materiais docentes, como vídeos utilizados nas clases, parte da bibliografía ou o manual da ferramenta CASE empregada no laboratorio, están dispoñibles unicamente en inglés. Non obstante, a lingua de impartición da materia, así como a atención en titorías, é o castelán ou o galego. Por este motivo, non se recomenda cursar esta materia ao estudantado de intercambio que non domine algunha destas dúas linguas.

Los invitados no pueden entrar a este curso. Por favor acceda con sus datos.