Opciones de matriculación

Este curso ofrece unha introdución técnica ao uso de GNU Radio como contorno de desenvolvemento para aplicacións de radio definida por software (SDR), abordando os fundamentos necesarios para a configuración, implementación e análise de cadeas de procesado de sinal en sistemas de radiocomunicación.

Ao longo das sesións trataranse conceptos relacionados co dominio analóxico, as comunicacións dixitais e o uso de receptores de tráfico, combinando explicación conceptual e aproximación práctica ao traballo con sinais reais.

O programa inclúe ademais unha introdución ao procesado e recepción de sinais e protocolos de interese actual, como GNSS, LoRa, AIS e ADS-B, así como nocións básicas de análise de espectro e procesamento dixital de sinal aplicadas a tecnoloxías radio. Para o desenvolvemento das sesións empregarase instrumentación SDR como os dispositivos ADALM-Pluto e RTL-SDR.

O curso está orientado a proporcionar unha base sólida para a comprensión e experimentación con ferramentas e técnicas empregadas en sistemas actuais de radiocomunicación.


Los invitados no pueden entrar a este curso. Por favor acceda con sus datos.