Deseño de publicacións é unha materia de carácter teórico-práctico enfocada a:


— Desenvolver as competencias necesarias para saber traducir a un formato libro ideas e conceptos visuais, garantindo a comunicación dos seus contidos editoriais así como a súa lexibilidade e lecturabilidade.
— Proporcionar un achegamento á historia do libro que permita unha práctica informada durante a aplicación dos coñecementos teóricos-prácticos ao alumnado
— Identificar e adquirir os coñecementos fundamentais de micro, macrotipografía e ortotipografía necesarios para o traballo e a edición de textos presentes nun produto editorial.
— Comprender as regras e as metodoloxías fundamentais na maquetación e composición dos contidos editoriais.
— Identificar a terminoloxía e anatomía dun produto editorial e dos procesos de produción gráfica asociados. Materiais, edición de contidos, impresión, encadernación, acabados.
— Adquirir os coñecementos fundamentais para a xestión e produción final do deseño editorial. Xestión de produción, xestión orzamentaria, xestión ambiental, preparación de AAFF, verificación do produto finalizado.