
Na asignatura Fundamentos da Fisioterapia, o estudantado coñecerá a historia da profesión e a súa institucionalización en España, o que lles permitirá comprender como evolucionou a fisioterapia ata os tempos actuais. Do mesmo xeito, estarase formando na capacidade de reflexión e análise no método de intervención en fisioterapia, así como na capacidade de comprender as bases da investigación. Preténdese que os coñecementos adquiridos nesta materia permitan ao estudante ter unha base e unha visión ampla da nosa profesión.
Coordinador: Dr. Lorenzo Justo- Profesor: Lorenzo Justo Cousiño
- Profesor: Luis Vázquez Solla