Benvidas e benvidos á materia de Antropoloxía Social!

Ao longo do curso achegarémonos á diversidade das sociedades e culturas humanas, analizando como as persoas interpretan o mundo, constrúen relacións e afrontan as desigualdades e os procesos de cambio social.

A antropoloxía ensinaravos a observar e comprender outras realidades evitando prexuízos e explicacións simplistas. Como futuras traballadoras e traballadores sociais, esta mirada permitiravos coñecer mellor as persoas e os seus contextos, cuestionar aquilo que damos por suposto e deseñar intervencións máis respectuosas, críticas e axeitadas a cada situación.

Nos grupos grandes traballaremos os fundamentos teóricos, o canon e a perspectiva crítica, nos grupos medios analizarmeos lecturas de interese que complementan o texto base, e nos grupos pequenos construiremos paso a paso a presentación do traballo de lectura.