A materia de Proxectos Gráficos Dixitais está centrada na creación de
obra gráfica xerada por medio de procesos dixitais ou técnica mixta que
involucre procesos dixitais, así como na arte múltiple ou potencialmente
múltiple creada mediante procesos reproducibles. Proxectos Gráficos
Dixitais está deseñada para que conflúan nela contidos comúns de arte
gráfica dixital, técnicas gráficas, fotografía, deseño gráfico e
editorial, libro de artista, ilustración e cómic, aplicados á arte
contemporánea. Por tanto, esta materia enténdese como unha materia
optativa de 4º curso na que, tomando como fío condutor a obra de arte
múltiple, preténdese desenvolver un proxecto gráfico seriado e
potencialmente reproducible. Asómesmo, dado o seu claro enfoque
proxectual, tende unha ponte entre as materias de Técnicas gráficas (2º
curso) e Produción Artística: Imaxe II (3º curso) co Traballo Fin de
Grao (4º curso).
- Profesor: José Andrés Santiago Iglesias