O Prácticum é unha materia obrigatoria que se cursa en 4º, onde entras en contacto coa realidade do centro educativo e te inicias no exercicio profesional docente. 

A dita materia ten unha carga lectiva de 48 créditos (6 créditos de mención), o que significa un total de horas presenciais nos centros educativos de 500 h., das cales entre 60h e 100 h corresponden á mención, de selo caso.