Este curso ofrece unha introdución técnica ao uso de GNU Radio como contorno de desenvolvemento para aplicacións de radio definida por software (SDR), abordando os fundamentos necesarios para a configuración, implementación e análise de cadeas de procesado de sinal en sistemas de radiocomunicación.
Ao longo das sesións trataranse conceptos relacionados co dominio analóxico, as comunicacións dixitais e o uso de receptores de tráfico, combinando explicación conceptual e aproximación práctica ao traballo con sinais reais.
O programa inclúe ademais unha introdución ao procesado e recepción de sinais e protocolos de interese actual, como GNSS, LoRa, AIS e ADS-B, así como nocións básicas de análise de espectro e procesamento dixital de sinal aplicadas a tecnoloxías radio. Para o desenvolvemento das sesións empregarase instrumentación SDR como os dispositivos ADALM-Pluto e RTL-SDR.
O curso está orientado a proporcionar unha base sólida para a comprensión e experimentación con ferramentas e técnicas empregadas en sistemas actuais de radiocomunicación.
- Teacher: José Óscar Rubiños López
- Teacher: Ana Vazquez Alejos

Este Curso está destinado a dar a coñecer os valores xeolóxicos, educativos e culturais das Illas Cíes, que conforman a base da iniciativa para a súa declaración como Xeoparque da UNESCO.
- Teacher: Irene Alejo Flores
- Teacher: Rita González Villanueva
- Teacher: Gonzalo Benito Méndez Martínez
- Teacher: Xoana Rodríguez Bernárdez

- Teacher: Raquel Gómez Villar
- Teacher: Eva López Quiroga
- Teacher: María Henar Quintas Salgado
- Teacher: Pedro Orgeira Crespo