A coordinación a tódolos níveis é fundamental para o correcto desenvolvemento de calquera titulación, sexa de Grao ou de Mestrado. 

Aspectos tales como a coordinación entre as probas de seguimento das diferentes materias dun mesmo curso, ou planifica-las saidas de estudo de xeito que non afecte a actividade docente das demas materias, son de vital importancia.

Mais, tan importante como a coordinación entre actividades é que todos os axentes impricados estén informados das diferentes actividades programadas ó longo do cuadrimestre/curso e que, de algun xeito, poden afectar a súa labor docente.

O Espazo de Coordinación do Grao de Enxeñería en Química Industrial pretender ser o lugar onde atopar información de interese que facilite a coordinación entre os profesores e profesoras das diferentes materias do grao.